viernes, 1 de abril de 2011

booooooommmniversidade! (III) o asunto das folgas e dos profesores

Estes días algún@s compañeir@os da universidade para a que traballo está a recibir a comunicación oficial do desconto que se lles aplicará na súa nómina por mor dun día de folga. Pero compañeiros non somos todos. Nin iguais. Algun@ cicais por ter un mostrador por diante, vamos, os operarios, eses non poden asinar e liscar para a casa o día de folga. Outros, de xeito vergoñento por seren precisamente os máis "docentes" acudiron, asinaron e fuxiron. Verdadeiramente é unha mágoa que sexa precisamente nun sector adicado á educación superior onde se rexistren os índices de abstinencia e irresponsabilidade laboral máis elevados. Eso si, sen rexistrar porque como non fichan en ningures pois non hai quen @s controle. Preguntaredes algúns o por que deste desmelene. Pois porque sendo administración pública, fai coma que non o é co consentemento da administración pública que a financia. E porque o sistema de insaculación co que se rexe o choio é tan reviradamente endogámico coma un embigo que se alimenta de si mesmo. Sería unha oportuna e saudable medida para o sector docente implicado co seu traballo que dunha vez por todas se adoptasen os sistemas de control de asistencia que obrigan ao resto dos empregados públicos ¿ou on é?