miércoles, 8 de junio de 2011

Sen perdón (e sen Clint E.)

Imaxe: Deseño de Xosé Teiga, Director Creativo.



Sempre me estrañou a ausencia de vaqueiros negros no western e na literatura do oeste, os xéneros máis populares da cultura estadounidense. Porque afroamericanos xa había ben deles logo da guerra civil e dende logo non os trouxeran só para adobiar aquelas ostentosas mansións de Early Classical Revival Style, que tamén. Así que, xa me tardaba a min a recuperación desta figura varonil, solitaria, afouta, emprendedora, curtida...e agora, por fin, tamén negra. Temos por fin o sheriff global que merecemos, alguén que de verdad mira por tod@s nós, un family man case de deseño e por suposto coa perneira abondosamente equipada con ferramenta de tecnoloxía en punta para acabar cos violadores das nosas fillas (¿poderíamoslo mandar a recuperar a cabeza do estróscan ese que abusa das mozas dos saloons? O verdadeiro mesías non era aquel falso profeta que esbardallaba todo o santo día. O auténtico heroe é o pistoleiro de toda a vida, ao que deberiamos ofrecernos ás escarranchapernas todos os cidadáns deste world far west se non queremos ficar sen cabeleira á primeira de cambio. Porque indios xa non quedarán moitos pero osamas seica hai verdadeiras plantacións allende o 1600 Pennsylvania Avenue.

viernes, 1 de abril de 2011

booooooommmniversidade! (III) o asunto das folgas e dos profesores

Estes días algún@s compañeir@os da universidade para a que traballo está a recibir a comunicación oficial do desconto que se lles aplicará na súa nómina por mor dun día de folga. Pero compañeiros non somos todos. Nin iguais. Algun@ cicais por ter un mostrador por diante, vamos, os operarios, eses non poden asinar e liscar para a casa o día de folga. Outros, de xeito vergoñento por seren precisamente os máis "docentes" acudiron, asinaron e fuxiron. Verdadeiramente é unha mágoa que sexa precisamente nun sector adicado á educación superior onde se rexistren os índices de abstinencia e irresponsabilidade laboral máis elevados. Eso si, sen rexistrar porque como non fichan en ningures pois non hai quen @s controle. Preguntaredes algúns o por que deste desmelene. Pois porque sendo administración pública, fai coma que non o é co consentemento da administración pública que a financia. E porque o sistema de insaculación co que se rexe o choio é tan reviradamente endogámico coma un embigo que se alimenta de si mesmo. Sería unha oportuna e saudable medida para o sector docente implicado co seu traballo que dunha vez por todas se adoptasen os sistemas de control de asistencia que obrigan ao resto dos empregados públicos ¿ou on é?